Ola
a todxs! Somos Nuria e Lucía, alumnas de 2º de Bacharelato e
creadoras da plataforma polo desenvolvemento sostible “Arousa
Verde”
A
idea de crear un proxecto conxunto levaba desde o verán pasado
roldando as nosas cabezas. Cando o movemento global Fridays For
Future deuse a coñecer, todo foi cobrando forma. Ver a Greta
Thunberg, e a miles de mozas e mozos ao redor do mundo alzando a súa
voz pola xustiza climática, fíxonos dar conta que, aínda sendo
adolescentes e sen voz nas urnas, podiamos crear a nosa propia
plataforma e poñer así un granito de area no ámbito local, co que
concienciar á mocidade e á xente adulta. Din que para cambiar o
mundo hai que empezar por unha mesma/un mesmo e, despois, continuar
polos que che rodean.
Aínda
que este proxecto é moi novo, temos xa o apoio de moitas persoas
repartidas por toda a ría e moitas ideas sobre a mesa. Algunhas
delas son charlas en colexios e institutos da zona, recollidas de
lixo por praias, reforestación na zona de Arousa, campañas de
concienciación e divulgación, e proxectos a nivel municipal como
promoción do transporte público e carril-bici, compostaxe, e
reciclaxe.
As
actividades que levamos a cabo dende a nosa creación foron a
concentración polo clima en Vilagarcía o 20 de setembro, unha
recollida de lixo na praia de A Concha, e reunións co concelleiro de
Medio Ambiente, o alcalde de Vilagarcía e outras asociacións da
zona.
Temos
moitas gañas de traballar por un futuro para todxs, pero para iso
precisamos da vosa axuda! Se queredes aportar suxerencias, participar
en próximos eventos ou saber que está a ocorrer en materia de medio
ambiente en O Salnés podedes seguirnos en Instagram (@arousaverde),
Facebook (Arousa Verde) o simplemente pararnos polos corredores. Un
saúdo e tede unha boa semana!