Malaherba
Manuel Jabois
Alfaguara, 2019.
Manuel Jabois (Sanxenxo, Pontevedra, 1978) é un escritor que reflexa a diario a actualidade nas súas columnas periodísticas.
Malaherba é a súa primeira incursión no mundo da novela e, segundo se nos conta na reseña, "é unha historia de dous rapaces que viven unha extraña e solitaria historia de amor. Un libro sobre as cousas terribles que se fan con cariño, escrito con humor e unha prosa rápida que avanza levando a Tambu e a súa irmá Rebe, a Claudia e o seu irmán Elvis, á fronteira dun mundo novo.
“La primera vez que papá murió todos pensamos que estaba fingiendo...”. Así arranca unha historia que destila inocencia e desconcerto e que nos lembra que o colexio pode ser territorio hostil cando somos diferentes nalgún aspecto.
O protagonista, Tambu, vive nunha familia que pasa dificultades, cun pai enfermo e unha nai, en certo sentido, ausente, despertando en nós ternura e necesidade de amparo. Mentras vive os derradeiros días da infancia descubre por primeira vez o amor e a morte e experimenta sentimentos aos que non sabe poñer nome. Xunto ao seu amigo Elvis, outro rapaz sensible e marxinado coma el, Tambu coñece o amor puro sen necesidade de etiquetas e comenza a dura aprendizaxe da vida adulta".
A novela ten un poso de tristura pero tamén de humor e está chea de frases dignas de suliñar: «Bien sabe Dios que es más peligrosa la pena que el odio, porque el odio puede destruir lo que odias, pero la pena lo destruye todo.»
Marián Rey
Ningún comentario:
Publicar un comentario